sábado, 2 de marzo de 2013

Cedeira 2004

No ano 2004, eu estaba a veranear no concello de Cedeira, no verán esa pequena vila cheábase  de turistas de España e fora de España e tamén outros galegos. Todo isto pode parecer moi bonito, unha zona turística cunha praia e unha vila que disfrutaba do marisco e que vivía da ría, deste modo vivían en Cedira, mais un día a deparadora rebentou cuns estragos enormes para a ría, eu recordo miles de protestas mariscadores sen traballo etc...

Ferrol

É Ferrol unha cidade en decadencia? As evidencias din que sí. Moita a xente ve a Ferrol como unha cidade idílica cunhas grandes praias, xente, traballo (antes), castelos, un gran casco, histórico, mais como esta todo en realidade?. Hoxe mentres pensaba problemas para plasmar dinme conta a súa gran diversidade, e é que Ferrol e comarca cumprese todo o falado na clase: paro, feismo, contaminación e problemas medioambientáis, destrucción de bosques e  mesmo unha planta de gas.
Primeiramente, o asunto da ría, reciéntemente un estudo europeo a catalogou como unha das rías máis contaminadas da zona, mais isto non é nada novo para calquera de nós, se das un paseo por Caranza ou  pola ensenada da Malata ou mesmo por Fene. Isto é unha situación de vergoña para todos os Ferroláns e unha destrucción da fauna e flora ferrolana, por non falar que supón grandes perdas para os mariscadores ferrolanos, un deterioro deste "gran marisco".





Unha solución axeitada seríá unha depuradora da ría ferrolá pero parece  que o concello non se remata por decidir a poñer unha con suficiente capacidade para responder as necesidades desta ría que recibe os vertidos dos diversos concellos da comarca.

Lagóa de A Frouxeira (Valdoviño)


Ver mapa más grande
Engado estas fotos da obra que se fixo: (fotos cedidas por meu pai)



Os Bosques galegos.

Postos a pensar sobre cousas e elementos "encantadores bonitos e marabillosos" de Galicia atopámonos cos seus afamados bosques, as inmesas fragas galegas de castiñeiros, bidueiros, carballos, ameneiros, acibros. Máis é ista a realidade é Galicia un lugar poboado por estas especies de  árbores ou pola contra na outra cara da moeda é un lugar repoboado dende o século XIX por especies invasoras máis productoras e rentables a curto plazo como Eucalipto.
Aquí temos as dúas caras da moeda: A fraga de Catasós, en Lalín, lugar que tiven o pracer de visitar fai uns anos e que recoméndollo a calquera, vale a pena, nela atopámonos cos castiñeiros máis altos de europa e é o máis importante soto de castieñeiros da península e posiblemente de Europa.






Na outra banda temos isto:











Como saberedes e o podedes comprobar a segunda imaxe é a máis habitual na Galicia de hoxe en día. Este eucalipto foi introducido por un frade e a súa plantación como medio de facer cartos xeneralizouse durante o franquismo. Moitas persoas din que destrúe o so contamina as augas etc. Outras o defenden porque dá traballo aos aserradeiros e hoxe en día o traballo...
Na miña opinión é unha barbaridade e deberíase realizar a replantación progresiva por especies auctóctonas e buscar alternativas.