sábado, 6 de abril de 2013

Cultura Galega.

 Nas anteriores entradas tratei a cultura emerxente, é dicir a que está a surxir na actualidade ou leva xa algúns anos triunfando en Galicia, mais como dixen a cultura e o conxunto de símbolos que representan a un pobo, polo tanto todos os elementos do pasado dun pobo teñen unha vital importancia no presente e son a causa e orixen da nosa cultura actual,No caso galego, como a maioría das culturas é o resultado dunha mestura de diferentes culturas durante miles de anos que deron lugar a unha cultura rica, única e propia como a que temos na actualidade. Cun mínimo coñecemento da historia da nosa  terra saberes que miles de anos atrás este era un territorio poboado por pobos celtas, estes pobos deixaron unha ricos restos da súa cultura en Galicia os cales vimos e comentamos na primeria avaliaciñon: unha cultura relixiosa moi centrada na morte dos queridos os cales enterraban en pequenos túmulos megalíticos que hai espallados por toda Galicia e que a maiorñua das veces aquí non se lle da a importancia que se merecen ( como a tantas outras cousa), tamén deixáronnos restos dos seus poboados, os castros, poboacións fortificadas, aínda que eran un pobo pacífico, situadas en lugares estratéxicos onde convivían estes ancestros nosos.



Esta cultura celta está máis presente do que nós pensamos e aínda que na posterior romanización e máis tarde cristianización intentou acabar definitivamente con ela hoxe temos algúns vestixios dela dos que normalmente nin nos damos conta, o actual Halloween, (si esa americanda) non é máis que un derivado da festa do San Maín, que ten orixe nesta cultura celta e no seu culto aos mortos, neste día os celtas crían que os espíritos baixaban ao mundo dos vivos e para estar a salvo levaban a cabo unha serie de ritos e tradicións. Outra festa derivada da cultura celta na actualidade sería a de San Juán ou solsticio de verán, como vedes cristanizada con nome de San Juán. Tamén temos o Lugnasad celebrado o 1 de agosto o cal se celebra en Cedeira dende uns 5 anos e algún ano tiven o pracer de velo mais gustaríame moito participicar. Como podedes ver na imaxe abaixo estas festas son diversas e danse nos equinocio solsticios e no punto intermedio entre ambos.














Séculos máis tarde produciuse en Galicia a Romanización, un proceso mediante o cal o Imperio Romano introduciu a súa propia cultura e o idioma latín intentando destruír a xa existente, pero acostuma a ocurrir nestes casos prodúcese unha mestura de culturas. O rastro dos romanos no noso pobo é considerable e fundaron moitas das cidades actuales como Lucus Agustus (Lugo) e Brigantium ( A coruña), cidades fortificadas como a nomeada Lugo da que aínda se conserva a súa muralla. Tamén introduciron na zona unha rede de vías que a conectaban co resto do territorio penisular e unha serie de pontes que cruzaban os nosos diversos ríos.



Sen embargo unha gran carácterística que diferencia a cultura do noso pobo coa cultura do resto de españa é que non houbo case presencia musulmana nos séculos de Al-Andalus isto nótase enormemente por exemplo se comparamos a nosa arquitectura ou toponimía coa de Granada Córdoba ou mesmo a da meseta.

viernes, 5 de abril de 2013

Humor Galego.

Arte e cultura galega contemporánea.

É increíble e sorprendente como na maioría dos casos o máis propio e cercano e o que menos se coñece, antes de oír na clase os nomes de certos artistas galegos que na actualidade andan con máis ou menos éxito no ámbito artístico internacional e que eu por unha ou outra circunstancia non coñecía. Isto a que pode ser debido? Posiblemente a que as persóas ven máis atractivos as cousas provintes do exterior como as americanadas que adoitamos ver no cine, escoitar na música, ler. e que inevitablemente inundan a nosa vida ou ben porque os galegos somos un pobo cunha tendencia histórica a devaluarnos a nós mesmos.
Nesta entrada polo tanto quero reflectir que resulta espantosamente triste que galegos coma mín "coñezamos" as obras de autores de pasado por exemplo na poesía (se ben tamén importantes) e descoñezamos o que se está a facer na actualidade o cal seguro resulta interesantísimo e cando menos seguro que é valorado como se merece noutras zonas do planeta. Se miro esto cunha visión empática debe resultar enormemente frustrante e insatisfactorio realizar un traballo propio xa sexa escultura, pintura ou cine no idioma e lingua do teu pobo como mostra dun sentimento de admiración, respeto e amor pola túa cultura e pola teu pobo e recibir a indiferencia e o rechazo desta misma xente pola que traballas. Isto irremediablemente leva a unha "fuga de arte" a lugares onde se valorara maís, e se lles terá máis en conta, comprensible dende o meu punto de vista.Eu dende o meu humilde punto de vista e dende esta entrada quero dar unha especie de "desculpas" pola miña e ignorancia e decir sinceiramente que o seu traballo resulta cando menos bonito e agradable de ver, digo isto xa que non son un experto mais se moitos destes traballos triunfan polo mundo adiante non deben ser malos. A continuación citos algunhos dos que me impactaron máis e me chamaron de maior forma a atención:
Primeiramente Francisco Leiro, o cal se dedica á escultura (sempre a considerei como algo dificilísimo), con moito éxito polo mundo según parece, leva 25 anos expoñendo en Nueva York, según él é o gran escaparate e abriralle máis oportunidades pero eu penso que debería Galicia contar con máis exposicións da súa obra e un maior coñecementeto, espero que algún día pódanse ver obras como estas nalgunha rúa galega.








Outro artista que quero nomear polo que me apasiona o seu campo é Adolfo enriquez e a súa fotografía unha arte deste novo tempo que sempre me atraiu pola súa capacidade de facer arte plasmando a realidade e representándo un tema que se trascende dela. Polo que se ve este señor tamén é un artista de éxito. A súa especialidades son as bodas, todo un luxo ter a este señor para retratar tal momento e non ao cura de barrio que aínda encima pretende facer negocio.




Estes dous grandes son exemplos de artistas galegos emerxentes na actualidade aos cales non pode facer outra cousa que darlles as grazas por levar Galiza polo mundo facendo cousas interesantes e bóas demostrando que nós os galegos tamén facemos cultura e cousas de calidade,

A nosa lingua.

Ao falar de cultura é primordial coñecer o que significa este termo para nós, eu considero cultura como tal todo aquel signo de identidade dun pobo e que o diferenza doutros distintos facéndoo único en si mesmo mais nin mellor ou peor ca os outros. Dentro destes signos de identidade penso que a lingua en si é o máis importante e xeral, é dicir o que resulta máis relevante é necesario para a nósa cultura, para o seu mantemento o que lle fai única, celéberrimo é o exemplo de que os esquimáis teñen unha gran cantidade de palabras coas que referirse aos distintos tonos de branco da nebe ou os nómados do Sahara que posúen na súa lingua diversidade de palabras referidas á aréa.
No caso do galego non podía ser menos e como todos vós teredes en conta a nosa lingua posúe palabras para citar o que é propio da nosa terra e identidade. Exemplo disto son: sarabia, choiva, chaparrada, cebrina, para referirnos ás precipitacións ou treboada, tormenta, trebón se facemos referencia a precipitacións con tormenta. Tamén existen diversos nomes para designar as precipitacións segundo a súa escala de intensidade. Con este exemplo quero dar a entender a importancia que ten o idioma, moitas veces infravalorado como unha mera forma de comunicación e non como o símbolo que realmente é. No caso do galego outro idioma non podería designar con tal escala de precisión algo tan nóso como o mal tempo que os que estedes coma min pasando este ano en Galicia sabedes perfectamente do que falo. Logo temos palabras símbolo, unha sóa palabra a cal é capaz de definir o pasado é o posible futuro dun pobo e esta é MORRIÑA, esta palabra reflíctenos como pobo emigrante e dudo que en moitos idiomas existe unha palabra semellante a esta e que exprese o sentimento de desarraigo da propia terra, un sentimento que Rosaía de Castro expresou moi ben na súa obra "Viuvas dos mortos e viuvas dos fillos", un sentimento que nos tempos que corren moitos de nós teremos que vivir nun futuro.Ata aquí o meu conepto sobre a lingua co que quero chamar á reflexión da súa vital importancia.
Aquí en Galicia co galego atopámonos cun problema que ameaza con que poida acabar por desaparecer, isto sería tráxico pois morreriamos como pobo con identidade propia. Eu persoalmente non son galegofalante, non é porque non me guste o idioma nin porque non o considere importante, todo o contrario, senón porque son fillo da represión imposta á xeracións anteriores devaluando idioma e creando castelanfalantes, se ben algunhas persoas como o meu gran compañeiro Gabriel o cal tomou a decisión de falalo a partir de este ano e parece que ata agora conseguiuno con creces, persóas como él son as que permitirán a Galicia salvar o máis importante que posúe, o seu fillo, un patrimonio consituído durante séculos e que ata agora consegui salvar dificultades moi serias e eu penso sinceramente que prevalecerá durante moitos anos como lingua maioriatia en Galicia, si neste sentido contradízome cos meus profesores de galego os cales dende a súa asignatura teñen posutras máis pesimistas e coas que nos marean durante anos e anos erróneamente penso eu, xa que como dixo Manolo na clase na súa época falaban galego os xóvenes polo rollo de que estaba prohibido e xa se sabe como como somos os xóvenes facemos sempre o contario que nos din, Serán cosas da idade!!