viernes, 5 de abril de 2013

A nosa lingua.

Ao falar de cultura é primordial coñecer o que significa este termo para nós, eu considero cultura como tal todo aquel signo de identidade dun pobo e que o diferenza doutros distintos facéndoo único en si mesmo mais nin mellor ou peor ca os outros. Dentro destes signos de identidade penso que a lingua en si é o máis importante e xeral, é dicir o que resulta máis relevante é necesario para a nósa cultura, para o seu mantemento o que lle fai única, celéberrimo é o exemplo de que os esquimáis teñen unha gran cantidade de palabras coas que referirse aos distintos tonos de branco da nebe ou os nómados do Sahara que posúen na súa lingua diversidade de palabras referidas á aréa.
No caso do galego non podía ser menos e como todos vós teredes en conta a nosa lingua posúe palabras para citar o que é propio da nosa terra e identidade. Exemplo disto son: sarabia, choiva, chaparrada, cebrina, para referirnos ás precipitacións ou treboada, tormenta, trebón se facemos referencia a precipitacións con tormenta. Tamén existen diversos nomes para designar as precipitacións segundo a súa escala de intensidade. Con este exemplo quero dar a entender a importancia que ten o idioma, moitas veces infravalorado como unha mera forma de comunicación e non como o símbolo que realmente é. No caso do galego outro idioma non podería designar con tal escala de precisión algo tan nóso como o mal tempo que os que estedes coma min pasando este ano en Galicia sabedes perfectamente do que falo. Logo temos palabras símbolo, unha sóa palabra a cal é capaz de definir o pasado é o posible futuro dun pobo e esta é MORRIÑA, esta palabra reflíctenos como pobo emigrante e dudo que en moitos idiomas existe unha palabra semellante a esta e que exprese o sentimento de desarraigo da propia terra, un sentimento que Rosaía de Castro expresou moi ben na súa obra "Viuvas dos mortos e viuvas dos fillos", un sentimento que nos tempos que corren moitos de nós teremos que vivir nun futuro.Ata aquí o meu conepto sobre a lingua co que quero chamar á reflexión da súa vital importancia.
Aquí en Galicia co galego atopámonos cun problema que ameaza con que poida acabar por desaparecer, isto sería tráxico pois morreriamos como pobo con identidade propia. Eu persoalmente non son galegofalante, non é porque non me guste o idioma nin porque non o considere importante, todo o contrario, senón porque son fillo da represión imposta á xeracións anteriores devaluando idioma e creando castelanfalantes, se ben algunhas persoas como o meu gran compañeiro Gabriel o cal tomou a decisión de falalo a partir de este ano e parece que ata agora conseguiuno con creces, persóas como él son as que permitirán a Galicia salvar o máis importante que posúe, o seu fillo, un patrimonio consituído durante séculos e que ata agora consegui salvar dificultades moi serias e eu penso sinceramente que prevalecerá durante moitos anos como lingua maioriatia en Galicia, si neste sentido contradízome cos meus profesores de galego os cales dende a súa asignatura teñen posutras máis pesimistas e coas que nos marean durante anos e anos erróneamente penso eu, xa que como dixo Manolo na clase na súa época falaban galego os xóvenes polo rollo de que estaba prohibido e xa se sabe como como somos os xóvenes facemos sempre o contario que nos din, Serán cosas da idade!!

sábado, 2 de marzo de 2013

Cedeira 2004

No ano 2004, eu estaba a veranear no concello de Cedeira, no verán esa pequena vila cheábase  de turistas de España e fora de España e tamén outros galegos. Todo isto pode parecer moi bonito, unha zona turística cunha praia e unha vila que disfrutaba do marisco e que vivía da ría, deste modo vivían en Cedira, mais un día a deparadora rebentou cuns estragos enormes para a ría, eu recordo miles de protestas mariscadores sen traballo etc...

Ferrol

É Ferrol unha cidade en decadencia? As evidencias din que sí. Moita a xente ve a Ferrol como unha cidade idílica cunhas grandes praias, xente, traballo (antes), castelos, un gran casco, histórico, mais como esta todo en realidade?. Hoxe mentres pensaba problemas para plasmar dinme conta a súa gran diversidade, e é que Ferrol e comarca cumprese todo o falado na clase: paro, feismo, contaminación e problemas medioambientáis, destrucción de bosques e  mesmo unha planta de gas.
Primeiramente, o asunto da ría, reciéntemente un estudo europeo a catalogou como unha das rías máis contaminadas da zona, mais isto non é nada novo para calquera de nós, se das un paseo por Caranza ou  pola ensenada da Malata ou mesmo por Fene. Isto é unha situación de vergoña para todos os Ferroláns e unha destrucción da fauna e flora ferrolana, por non falar que supón grandes perdas para os mariscadores ferrolanos, un deterioro deste "gran marisco".





Unha solución axeitada seríá unha depuradora da ría ferrolá pero parece  que o concello non se remata por decidir a poñer unha con suficiente capacidade para responder as necesidades desta ría que recibe os vertidos dos diversos concellos da comarca.

Lagóa de A Frouxeira (Valdoviño)


Ver mapa más grande
Engado estas fotos da obra que se fixo: (fotos cedidas por meu pai)



Os Bosques galegos.

Postos a pensar sobre cousas e elementos "encantadores bonitos e marabillosos" de Galicia atopámonos cos seus afamados bosques, as inmesas fragas galegas de castiñeiros, bidueiros, carballos, ameneiros, acibros. Máis é ista a realidade é Galicia un lugar poboado por estas especies de  árbores ou pola contra na outra cara da moeda é un lugar repoboado dende o século XIX por especies invasoras máis productoras e rentables a curto plazo como Eucalipto.
Aquí temos as dúas caras da moeda: A fraga de Catasós, en Lalín, lugar que tiven o pracer de visitar fai uns anos e que recoméndollo a calquera, vale a pena, nela atopámonos cos castiñeiros máis altos de europa e é o máis importante soto de castieñeiros da península e posiblemente de Europa.






Na outra banda temos isto:











Como saberedes e o podedes comprobar a segunda imaxe é a máis habitual na Galicia de hoxe en día. Este eucalipto foi introducido por un frade e a súa plantación como medio de facer cartos xeneralizouse durante o franquismo. Moitas persoas din que destrúe o so contamina as augas etc. Outras o defenden porque dá traballo aos aserradeiros e hoxe en día o traballo...
Na miña opinión é unha barbaridade e deberíase realizar a replantación progresiva por especies auctóctonas e buscar alternativas.

miércoles, 30 de enero de 2013

1939

Nesta entrada quero contar unha experiencia persoal da vida do meu bisavó en forma de relato. Aquí deixo unha foto do meu bisavó Cipriano Piñón natural do rural municipio de Moeche o cal xeolocalizo a continuación.

Ver mapa más grande A nosa historia comeza na posguerra arredor do ano 1938, meu bisavó era un home do rural traballaba no campo e coidaba dalgún porco que tiña,tamén rexentaba unha taberna en moeche coa miña bisavóa, como podedes comprobar era o típico campesiño da época. Sen embargo era un home con inquietudes e unha ideoloxía republicana ben marcada e naquel tempo dedicábase a esconder na súa taberna a moitos escapados republicanos que andaban nos montes, a miña bisavóa repetíalle unha e outra vez "Cipriano non podes deixar pasar ó bar a esa xente vamos ter problemas, tes unha filla" pero él non fixo caso e moi fiel ás súas ideas continuou deixandoos pasar e pouco a pouco foi entablando máis camaradería con eles cos cales aprendeu a ler e escribir e xuntos pasaban as noites falando do país e imaxinando épocas mellores nas que serían os franquistas os que escaparían polos montes. Pasou o tempo e a guardia civil seguía sen aparecer pola vella taberna de Moeche, "pouco durará, o sabe todo o mundo" pensaba a muller de Cipriano. Na tabena ia a tomar unha cunca de viño e mais unha tapa de queixo cada mañá un "señorito" de San Saturniño o cal tiña fama de argalleiro e aproveitado. Un día este "señorito" ó pechar a taberna quixo chantaxear a Cipriano, se non lle pagaba unha cantidade de diñeiro contaríalle todo á Guardia Civil enton él e máis os camaradas republicanos serían fusilados. O taberneiro negouse rotundamente, non estaba disposto a someterse nin a venderse a niguén, e foi agarrado pola miña bisavóa para non darlle ao "señorito" a tunda da súa vida, "ves o que fixeches, vaino saber a Guardia Civil saca a esa xente de akí". Tras estar varios meses sen esconder a ninguén baixo a guardia unha noite e a policía interrompeu de súpeto unha reunión clandestina, Cipriano consegui a tempo dirixir polo camiño de atrás da taberna aos republicanos por onde conseguiron escapar mentres o seu irmán distraía na casa á policía golpeándoos con ferramentas do campo. O curmán do meu bisavó foi fusilado por opoñer resistencia violenta contra a autoridade, Cipriano tivo algo máis de sorte e pasou uns anos no cárcere e puido vivir moitos anos máis, nesta foto o temos con 80 anos ó carón de meu pai. Este pequeno acto de rebeldía de estes dous homes escondendo e protexendo a unhas persóas de ser asasinadas significou moitos para os veciños do lugar os cales moitas non foran capaces de romper esa sumisión e a partir do sucedido con estes dous irmáns cambiaron moitas das súas perspectivas.