miércoles, 17 de octubre de 2012

Alegría galega

Unha preciosa tarde de outono  estaba eu  a pasear pola costa gaditana cando un xóven díxome: "Illo..vaya cara llevas maxo como se nota que eres gallego todo el día tristes". Ante tal falta de coñecemento do pobo galego eu resaltei a súa equivocación e aínda que os nosos días sexan grises e o tempo non sempre acompañe,nós somos o pobo do agarimo, ou non? onde se non trátase a xente de tal forma, con adxetivos coma riquiño boiño... Entón expliqueille a mi imaxe dunha galcia alegre e deuse por convencido.
Galicia é a terra verde mires onde mires poderás ver grandes pradeiras, carballos, nogueiras, pinos etc a nosa gran humidade permítenos isto,non hai nada máis bó e relaxante que dar un paseo neles ou nas nosas grandes e vírxenes praias un aburrido domingo, estas paisaxes durante séculos foron a inspiración poética dunhas xeracións de autores magníficos. Nunha terra como esta cunha lingua preciosa a quen no lle conmove a palbra bolboreta ou cando paseas por un dos nosos paraísos rurais e che encontras á tipica velliña de aldeiña que che de di " E ti neno de quen ves sendo?".
 Os galegos unha xentiña sen igual, vas a unha casa e se non queres caldo dúas cuncas," se non non medras neno estás moi delgado", difrutar un derbi coma un Celta-Deportivo unha festa do fútbol sen igual e na man dereita a 1906 unha das mellores cervezas do mundo, e sí feita en Galicia.
Se isto fora pouco é a terra das festas,  o entroido de Xinzo de Limia, o de Verín, o de Ourense os entroidos máis divertidos de toda España; O Festival Internacional de Ortigueira, as festas de aldeiña típicas de cada pobo onde ata a miña avóa súbese a falda por un día e non poderían faltar, O día das letras galegas, símbolo de reindinvicación e loita polo noso idioma, e como non o meu santo e o de toda Galicia, Santiago Apóstol o 25 de Xullo.
Por isto e moitas cousas máis invíto á xente que considéranos aos galegos tristes e deprimidos a vir a Galicia e comer unha empanadiña de vieiras ou un polbo á mugardesa e logo xa falamos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario