martes, 23 de octubre de 2012

Parémonos a pensar.

Se miramos cara atrás podemos ver que dende a subida ó poder do Partido Popular en Galicia e en España a súa política de austeridade e recortes non fixo máis que acarrear protestas,folgas, manifestacións; é dicir unha serie de movemento nacional de rechazo a estas medidas, entón? a que se deben estos resultados?,
Primeiramente o nivel de abstención foi altísimo, unha vergoña, dende o meu punto de vista, na xuventude existe na maioría dos casos unha falta de empatía enorme xa que "ata que non nos quiten as copas do sabado" moitos non se pararán a pensar en votar, outros (non só xovenes) simplemente pensan que toda a clase política é o mesmo, opinión respetable pero que propoña él outro sistema!!
Outra razón desta maioría do pp foi a forte crise e separación da esquerda e a dificultade para transmitir confianza de partidos coma o BNG ou o PSOE, nos cales moita xente non depositou a súa confianza. O "gran beneficiado" disto foi AGE, un partido novo fresco considerado por moitas unha esquerda real liderada por Beiras, aínda así unha victoria amarga.
Por iso quero preguntar ten sentido que unha insatisfacción xeral coas políticas do PP non se manifesten nas urnas? A resposta é non e quero animar dende aquí a toda a xente con dereito a vota que fago uso del nas seguintes eleccións, que é fundamental non vale de nada queixarse e logo non ir votar e que gañen o mesmos. No che deixes pisar! Vota! Desperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario