domingo, 2 de diciembre de 2012

Castro de Baroña

Trás comprobar que o camiño e a tradición do camiño de San Andrés tiña a súa orixe nos nosos ancestros celtas quixen saber algo máis desta cultura e coñecer un máxico lugar que foi hogar deles fai uns 4000 anos, o Castro de Baroña.


Este castro sitúase na parroquia coruñesa de Baroña, nun principio o que máis me chamou a atención dun lugar coma esta é a súa situación tan preto na costa, mesmo na praia ó caron da praia de Arealonga. Isto leva a pensar que a súa vida rondaba entorno á pesca. Esta situación tamén resultaba ser unha posición estratéxica.
Antes de chegar á muralla principal do castro atopámonos con dúas murallas paralelas que servían de defensa fronte os ataques enemigos. Máis adiante nos atopamos con outros muros dun metro de espesor que finalizarían nunha porta flanqueada por unha torre. Os restos actuáis confirman isto. Aínda que tiñan todo este sistema defensivo eran un pobo máis ben pacífico se os comparamos cos seus curmáns do norte, os vikingos. A parte máis alonxada do poboado estaba menos defendida pero a súa posición estratéxica facíaa de por si inacesible.
Xa dentro do poboado o atopamos dividido en dúas partes, a zona sur e a zona norte . A zona sur é a máis cercana da porta e nela atopamos as primeiras construccións xunto coas torres de defensa. Na zona norte máis elevada atópanse construccións máis grandes. Debido a dificultade de explicar a disposción interna do castro emprego este video par que podades vélo por vós mesmos.

E unha panorámica da zona

http://www.galicia360.com/comarca-de-noia/castro-de-barona.html

Agora que xa coñeces o castro, vouche contar unha historia datada de fai 3000 anos que ocurreu alí. Isto sucedeu nunha noite, máis non era unha noite calquera, era a noite de San Maín, o 31 de outubro.
Os celtas que poboaban o castro tiñan a tradición de que a noite do 31 de outono cara o 1 de santos, os mortos retornaban ó mundo dos vivos, e non só os defuntos senón tamén seres sobrenaturáis coma mouros fadas e a misma orcabella.
Os poboadores estan reunidos na parte norte e máis alta do castro onde se situaban as máis grandes estrucutras. O druída os mandara reunir como cada ano para decidir que tiña que ir pola leña de teixo para facer un lume que lles protexera dos espíritos e defuntos.
Mediante un sorteo tocoulle a Trankos o home máis valente do poboado, mais pecaba de incrédulo en confiado e non cría nestes "contos" de orcabella, trasnos ou estantiga.
Aceptando este traballo con moita osadía, Trankos partiu cara o bosque confiado, o ambiente na fraga era lúgubre e tenebroso ata para un home coma él, o frío atlántico, a choiva propia desas épocas e o vento forte que arreciaba non melloraban o asunto. Pero como él era botado cara adiante segui o seu camiño, dirixíase cara o máis profundo da fraga onde ben sabía que se atopaba o único Texo do bosque.
Cando xa estaba a piques de chegar distingui o que parecía unha procesión de xente, mais quen ía saír en procesión un dia coma aquel?. Entón recordou as palabras do druída sobre a estantiga, unha procesión de almas en pena que percorren os bosques. No primeiro intre no lle deu importancia pero cando os tivo a uns poucos metros a súa valentía quedou mermada e meteuse dentro dun círculo seguindo o consello para estes casos das vellas do poboado. Trankos sentiu un arrefrío cando ante os seus ollo aqueles esqueletos vestidos con túnicas en iluminado por unha arrepiante aura pasaron ó seu carón como se non o visen, "había funcionado, as vellas tiñan razón" pensou.
Estivo uns minutos máis no círculo e deuse conta de que se había mexado por encima, a súa valentía e osadía volvérase na súa contra. Canto estas almas se alonxaron Trankos contiunuo o seu camiño e por fin recolleu a rama de Texo e trás facer todas as cousas que lle ensinaran as vellas e o druida do poboado para protexerse contra os espíritos correu e correu ata chegar ao poboado, no camiño pareceulle ver un trasno e á Orcabella, só a idea lle facía correr máis deprisa, cunha mala experiencia na noite xa tivera suficiente.
Ao chegar á aldea correu a casa de reunións e co resto do poboado encenderon o Texo e estiveron toda a noite protexidos contra os espíritos e seres sobrenaturáis. Trankos aprendera unha enorme lección e dícese que dende aquela nunca foi o mesmo.

Trás esta historia aproveito para dicir,coma dixo Manolo na clase, que é unha enorme mágoa que toda esta cultura celta que temos en Galicia non sexa aproveitada como é debido xa que sitios como o Castro de Baroña tiñan que ser importantes reclamos turísticos e de obrigado coñecemento por todo o mundo. É insultante pensar que se isto etivera nos EEUU unidos Hollywood xa nos tiría dende fai anos bombardeado con pelícilas sobre castros, celtas etc.






























No hay comentarios:

Publicar un comentario