domingo, 2 de diciembre de 2012

San Andrés de Teixido e orixe do seu mito.

Postos a reflexionar e recapacitar sobre o pasado e as nosas lendas e mitoloxía non puiden resistir a tentación de investigar e falar dun lugar tan enigmático, misterioso e de visita obrigada xa que como soe dicirse "a San Andrés de Teixido se non vas de vivo vas de morto". Isto e moitas lendas e ditos teñen un orixe no pasado e isto mesmo é o que vou analizar.
Situado na parroquia de Rega na zona do Ortegal. Nas costas de Ortegal (ademáis de en Fisterre) estaba o final do mundo, da terra, lógo só a barreira do Océano. Así xurdiu o mito: Décimo Xunio Bruto, lider dos romanos na conquista e romanización de Galicia, viu con terror como o sol poñennte se apagaba ó afundirse no mar. Esta zona atópase chea de numerosos camiños, dos maís antigos do mundo que van dar a San Andrés na serra da capelada onde se sitúan os acantilados máis altos de Europa.
http://www.galicia360.com/comarca-de-ferrol/san-adres-de-teixido.html


San Andrés enton é simplemente unha pequena aldea de 49 habitante, mais é un importante lugar de peregrinación que cada ano recibe moitas persoas en romería causada por unha serie de mitos do pasado que vou analizar ata hoxe.


  O máis me interesou saber é a orixe do mito que da lugar a romería o dito " Vai de  vivo quen non vai de morto". Esta peregrinación é antiquísima e crese que comezou na Idade de Ferro, durante a época castreña en Galicia por iso os numerosos monumentos megalíticos atopados nos seus camiños onde os neolíticos realizaban os enterramentos datados de fai máis de 4000 anos, isto demostra que hubo asentamentos en San Andrés dende os comezos da humanidade. No culto a San Andrés mestúranse tradicións cristiáns e de culto pagano. Os pobos celtas crían que o espirito daquel que morría sen ter a conciencia tranquila estaría vagando ata que o asunto fose resolto, e este é o posible orixe da creenza da Santa Compaña, tamén no mundo celta. Según a tradición veñen a buscar a San Andrés de Teixido "A porta do máis alá" a porta que comunica co "Outro mundo", de aí provén o dito, desta forma Teixido era un lugar máxico e de culto xa dende os Celtas, mais os cristiáns procederon a convertelo nun santuario de culto a San Andrés na Idade Media disfrazando estas tradicións como súas. Por iso atopamos: Santuario, cruceiro, igrexa etc. Os romeiros tiñan a costumbre de tirar unha pedra nos túmulos ou milladoiros que se econtran a ambolos dous lados do camiño. Conta a lenda que estes túmulos falaran no xuízo final sobre que almas foron  a San Andrés e cales non. Estos milladoiros vánse acumulando en lugares determinados: cerca do santuario, cruces de camiño etc. Esta costumbre chegou ata hoxe en  día e sigue sendo practicada polos romeiros que son recibidos cada ano.

Polo tanto aquí  temos un dous lugare máis antigos do mundo, un lugar máxico e de tradición que se remonta ata os máis antigos poboadores de Galicia e que hoxe sigue sendo, baixo o manto do cristianismo, un lugar de culto e peregrinaxe para moitas persoas, un camiño máis antigo ca o de Santiago.


No seguinte video podemos ver unhas fotografías dun peregrino durante o seu camiño dende Valdoviño ata San Andrés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario