lunes, 28 de enero de 2013

10 de Marzo de 1972.

Nestra entrada gustaríame falar do 10 de Marzo de 1972,unha data que moitas persoas en Ferrol terán gravadas na súa memoria por ser un exemplo de loita contra a orde establecida e eliminando por completo o tópico da Galicia sumisa. Gustaríame contrastar este suceso do pasado coa situación actual. Primeiramente relatarei o sucedido o 10 de Marzo de 1972 historia a cal oín por primeira vez cando era un neno moi pequeniño e o meu avó materno, un antiguo ferreiro de bazán e pai de cinco fillos, relatoume como se levantaron polos seus dereitos. No ano 1972 co dictador agonizando e a dictadura chegando ó seu fin pouco a pouco intentábanse conseguer maiores liberdades e maiores dereitos. Isto arranca así, seis traballadores da factoría foron despedidos o 9 de Marzo, como consecuencia (e nun acto de rebeldía sen igual rompendo co tópico da Galicia sumisa)os traballadores néganse a traballar mostrando empatía e solidaridade cos seus compañeiros. Isto desencadea unha serie de disturbios e conflicos coa policía, ademáis reinvindicaban un convenio laboral que a min gustaríame denominar como xusto é dicir unha xornada laboral de 42 horas semanales,un mes de vacacións e baixa por enfermidade. O día seguinte as portas de Bazán amaneceron pechadas o que provocou que máis de 4000 traballadores saísen a rúa como protesta nunha manifestación sen precedentes.Como resultado a policía franquista cargou con munición real (non pelotas de goma coma na actualidade).Saldouse con diversos heridos e a morte dos "heroes" Amador e Daniel. Entrecomillo heroes porque non considero que sea a palabra correcta prefiro usar a palabra "referente" ou "símbolo" xa que a súa morte serviu para unir a moita xente na comarca mostrando signos de solidaridade como o peche dos comercios. Ante isto a dictadura respondeun con represalias ocupando a cidade e cortando o suministro de auga sen embargo non poderon nin foron capaces de acabar co sentimento que deixaron Amador Daniel e o resto de traballadores na cidade. O 21 de Marzo de 1972 os asteleiros volveron abrir mais 163 persoas xa non traballaban alí,pero aínda que o parezca non foi unha derrota.
Aproveito isto para contrastalo coa situación actual, non estamos a perder progesivamente aquelo polo que esta xente loitou? aquelo polo que a rebeldía da clase traballadora loitou en tantas ocasións?.Por iso chamo a recuperar o espirito do Ferrol do 72, animar á rebeldía nas peroas como medio para conseguir as cousas como unha demostración de que Amador e Daniel seguen con nós. O monumento a Amador e Daniel xunto co exalcalde ferrolán Vicente Irisarri e o secretario xera de CCOO Ignacio Toxo o cal é ferrolán outro signo da forte rebeldía sindicalista da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario