domingo, 13 de enero de 2013

A folga do leite en Galicia.

Postos a rememorar episodios de protesta ou de rebeldía contra o inxusto quixen primeiro centrarme nun episodio de actualidade como é a folga do leite en Galicia.



Os gandeiros do sector lácteo en Galicia convocaron a través dos diversos sindicatos unha folga a fináis de Novembro do pasado ano para reclamar que se lles pagara un prezo xusto polo leite xa que o actual non lles cubre sequera os costes de producción polo que é un negocio que ademáis de non ser rentable dá pérdidas. Polo tanto as máis de 10.000 explotacións leiteiras galegas, que representan sobre o 40% da producción de leite asignada a España. Mentres intentaban chegar a un acordo coa Xunta de Galicia os diversos traballadores do sector pararon a producción de leite e envío de leite e millóns de litros foron derramados como sinal de protesta nun só día de protesta.

Na imaxe pódese ver unha protesta en Pontedeume nas instalacións dunha coñecida marca. Dous días despóis do inicio da folga chegáronse a principios de acordo coa Xunta mais neste momento aínda é unha incógnita o futuro dun sector tan galego e tan fundamental coma é o lácteo.


Neste video da manifestación explícanos como a leite en Galicia  págase ata a 4 cts menos ca en Andalucía ou Asturias. Deixando a moitos gandeiros na misma ruína xa que non poden pagar inversións feitas fai anos para adaptarse ás esixencias tecnolóxicas e sanitarias que establece a ley.

No hay comentarios:

Publicar un comentario