sábado, 2 de marzo de 2013

Ferrol

É Ferrol unha cidade en decadencia? As evidencias din que sí. Moita a xente ve a Ferrol como unha cidade idílica cunhas grandes praias, xente, traballo (antes), castelos, un gran casco, histórico, mais como esta todo en realidade?. Hoxe mentres pensaba problemas para plasmar dinme conta a súa gran diversidade, e é que Ferrol e comarca cumprese todo o falado na clase: paro, feismo, contaminación e problemas medioambientáis, destrucción de bosques e  mesmo unha planta de gas.
Primeiramente, o asunto da ría, reciéntemente un estudo europeo a catalogou como unha das rías máis contaminadas da zona, mais isto non é nada novo para calquera de nós, se das un paseo por Caranza ou  pola ensenada da Malata ou mesmo por Fene. Isto é unha situación de vergoña para todos os Ferroláns e unha destrucción da fauna e flora ferrolana, por non falar que supón grandes perdas para os mariscadores ferrolanos, un deterioro deste "gran marisco".





Unha solución axeitada seríá unha depuradora da ría ferrolá pero parece  que o concello non se remata por decidir a poñer unha con suficiente capacidade para responder as necesidades desta ría que recibe os vertidos dos diversos concellos da comarca.
Logo temos o problema do paro unha cidade acusada polo paro, o exemplo maioritario o temos co tema do sector naval o cal tratei en entradas anteriores, Simplemente se das un paseo por calquera rúa de Ferrol podes ver a soidade da rúa, a falta de xente, a falta de comercios, o peche continuado de comercios etc. Sen irme tan lonxe onte dando un paseo por Coruña puiden comprobar unha enorme diferencia. A xente márchase de Ferrol a outros lugares Narón, A Coruña, etc . Xa ninguén quere vivir aquí e en Ferrol só quedan os vellos, como consecuencia cada ano a poboación de ferrol esté decrecendo. Xa non se cumpra a letra da afamada canción de "Los Limones" "se que aquí nací e aquí quero qudarme". Por unha e outra cosa a xente marcha e a cidade morre.



Os datos falan por si mesmos.













Con respecto ao feismo, Ferrol é unha cidade con dúas caras. Mesmo temos unha serie de edificios dunha calidade arquitectónica enorme coma o edifcio do Hotel Suizo mesmo calquera das obras do arquitecto Rodolfa Ucha piñeiro. Tamén un barrio da Magdalena nominado sempre a patrimonio da humanidade e os castelos de A Palma e San Felipe.
Sen embargo existen outros asuntos opostos, como a praza de España, sexa do gusto de un ou non se converteu nunha estratexia política para os diversos gobernos na última década. Sen ir máis lonxe o actual goberno local quere realizar un "bosque " na actual plaza.












Logo son numerosos os casos de feismo, dende casas sen cementar, o barrio de ferrol vello en ruínas, casas máis altas que outras, todo isto destroza a imaxe da cidade, o barrio de ferrol vello deberíá ser rehabilitado xa que é un símbolo da cidade.

Todo isto fíxome pensar en que esta cidade ten os días contados nesta situación, e que pouco a pouco converterase nun pobo de vellos, e ademáis se non coidamos a ría e os nosos barrios antigos o poco turismo que temos na cidade e unha das cousas das que podería sacar partido a cidade nun futuro sen sector naval. Como podedes comprobar non todo é o que parece e esta cidade precisa un cambio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario