sábado, 2 de marzo de 2013

Os Bosques galegos.

Postos a pensar sobre cousas e elementos "encantadores bonitos e marabillosos" de Galicia atopámonos cos seus afamados bosques, as inmesas fragas galegas de castiñeiros, bidueiros, carballos, ameneiros, acibros. Máis é ista a realidade é Galicia un lugar poboado por estas especies de  árbores ou pola contra na outra cara da moeda é un lugar repoboado dende o século XIX por especies invasoras máis productoras e rentables a curto plazo como Eucalipto.
Aquí temos as dúas caras da moeda: A fraga de Catasós, en Lalín, lugar que tiven o pracer de visitar fai uns anos e que recoméndollo a calquera, vale a pena, nela atopámonos cos castiñeiros máis altos de europa e é o máis importante soto de castieñeiros da península e posiblemente de Europa.






Na outra banda temos isto:











Como saberedes e o podedes comprobar a segunda imaxe é a máis habitual na Galicia de hoxe en día. Este eucalipto foi introducido por un frade e a súa plantación como medio de facer cartos xeneralizouse durante o franquismo. Moitas persoas din que destrúe o so contamina as augas etc. Outras o defenden porque dá traballo aos aserradeiros e hoxe en día o traballo...
Na miña opinión é unha barbaridade e deberíase realizar a replantación progresiva por especies auctóctonas e buscar alternativas.
Este tema, faime recordar unha historia que me contaron fai un tempo, a historia dun vello que volvera nos anos 80 do exilio o cal foi cando era neno. Ese home non podía expresar coas súas palabras a tristeza que sentiu cando aos 75 anos de idade contemplou con horror como os bosques de castiñeiras e bidueiros e os grandes prados e terras de cultivo (xa que Galicia non era maioritariamente bosque) foran sustituidos por plantacións controladas e industrializadas de Eucaliptos e outras especies de coníferas.
O primeiriño que fixo foi preguntarlle a xente do lugar, fillos de vellos conocidos, como se chegou a aquela situación a resposta foi: "E logo Manuel, que problema ten? Isto é unha máquina de cartos non sabes?" O vello estaba desolado pasara anos lendo os poemas de Rosalía, de Curros ... que evocaba a paisaxe galega e que quedaba diso?. Nada non quedaba nada, terreos secos e pobres, destruído por unha arbore que lle facía plantearse se non se equivocara e se estaba en Australia.
Días máis tarde tomou unha decisión, aportando o seu pequeno gran de aréa plantaría nun terreo que poseía unha plantación de árbores auctóctonas, como era de esparar causou a mofa entre os locáis " Iso é de tolos non vas ver beneficio algúm" "Un enamorado da paisaxe pobriño".
Hoxe, ano 2013 o fillos e netos de Manuel disfrutan dun gran  souto de árbores galegas coa súa beleza e a súa sombra, e o seu valor ecolóxico e mismante económico e en creces superior ao dos ecualiptos que defendían aqueles "iluminados".

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario