viernes, 5 de abril de 2013

Arte e cultura galega contemporánea.

É increíble e sorprendente como na maioría dos casos o máis propio e cercano e o que menos se coñece, antes de oír na clase os nomes de certos artistas galegos que na actualidade andan con máis ou menos éxito no ámbito artístico internacional e que eu por unha ou outra circunstancia non coñecía. Isto a que pode ser debido? Posiblemente a que as persóas ven máis atractivos as cousas provintes do exterior como as americanadas que adoitamos ver no cine, escoitar na música, ler. e que inevitablemente inundan a nosa vida ou ben porque os galegos somos un pobo cunha tendencia histórica a devaluarnos a nós mesmos.
Nesta entrada polo tanto quero reflectir que resulta espantosamente triste que galegos coma mín "coñezamos" as obras de autores de pasado por exemplo na poesía (se ben tamén importantes) e descoñezamos o que se está a facer na actualidade o cal seguro resulta interesantísimo e cando menos seguro que é valorado como se merece noutras zonas do planeta. Se miro esto cunha visión empática debe resultar enormemente frustrante e insatisfactorio realizar un traballo propio xa sexa escultura, pintura ou cine no idioma e lingua do teu pobo como mostra dun sentimento de admiración, respeto e amor pola túa cultura e pola teu pobo e recibir a indiferencia e o rechazo desta misma xente pola que traballas. Isto irremediablemente leva a unha "fuga de arte" a lugares onde se valorara maís, e se lles terá máis en conta, comprensible dende o meu punto de vista.Eu dende o meu humilde punto de vista e dende esta entrada quero dar unha especie de "desculpas" pola miña e ignorancia e decir sinceiramente que o seu traballo resulta cando menos bonito e agradable de ver, digo isto xa que non son un experto mais se moitos destes traballos triunfan polo mundo adiante non deben ser malos. A continuación citos algunhos dos que me impactaron máis e me chamaron de maior forma a atención:
Primeiramente Francisco Leiro, o cal se dedica á escultura (sempre a considerei como algo dificilísimo), con moito éxito polo mundo según parece, leva 25 anos expoñendo en Nueva York, según él é o gran escaparate e abriralle máis oportunidades pero eu penso que debería Galicia contar con máis exposicións da súa obra e un maior coñecementeto, espero que algún día pódanse ver obras como estas nalgunha rúa galega.








Outro artista que quero nomear polo que me apasiona o seu campo é Adolfo enriquez e a súa fotografía unha arte deste novo tempo que sempre me atraiu pola súa capacidade de facer arte plasmando a realidade e representándo un tema que se trascende dela. Polo que se ve este señor tamén é un artista de éxito. A súa especialidades son as bodas, todo un luxo ter a este señor para retratar tal momento e non ao cura de barrio que aínda encima pretende facer negocio.




Estes dous grandes son exemplos de artistas galegos emerxentes na actualidade aos cales non pode facer outra cousa que darlles as grazas por levar Galiza polo mundo facendo cousas interesantes e bóas demostrando que nós os galegos tamén facemos cultura e cousas de calidade,
Para rematar  deixo unha canción de Amancio Prada e unha peza de Carlos Nuñez, grandes referentes da nosa música dende fai anos, en definiva artistas con maiúsculas, ao segundo teño o pracer de habelo visto en directo fai un par de anos e aínda que non son moito de folk debo dicir que foi realmente impresionante e considero a súa música un símbolo de Galicia na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario