Esta cultura celta está máis presente do que nós pensamos e aínda que na posterior romanización e máis tarde cristianización intentou acabar definitivamente con ela hoxe temos algúns vestixios dela dos que normalmente nin nos damos conta, o actual Halloween, (si esa americanda) non é máis que un derivado da festa do San Maín, que ten orixe nesta cultura celta e no seu culto aos mortos, neste día os celtas crían que os espíritos baixaban ao mundo dos vivos e para estar a salvo levaban a cabo unha serie de ritos e tradicións. Outra festa derivada da cultura celta na actualidade sería a de San Juán ou solsticio de verán, como vedes cristanizada con nome de San Juán. Tamén temos o Lugnasad celebrado o 1 de agosto o cal se celebra en Cedeira dende uns 5 anos e algún ano tiven o pracer de velo mais gustaríame moito participicar. Como podedes ver na imaxe abaixo estas festas son diversas e danse nos equinocio solsticios e no punto intermedio entre ambos.

Séculos máis tarde produciuse en Galicia a Romanización, un proceso mediante o cal o Imperio Romano introduciu a súa propia cultura e o idioma latín intentando destruír a xa existente, pero acostuma a ocurrir nestes casos prodúcese unha mestura de culturas. O rastro dos romanos no noso pobo é considerable e fundaron moitas das cidades actuales como Lucus Agustus (Lugo) e Brigantium ( A coruña), cidades fortificadas como a nomeada Lugo da que aínda se conserva a súa muralla. Tamén introduciron na zona unha rede de vías que a conectaban co resto do territorio penisular e unha serie de pontes que cruzaban os nosos diversos ríos.
Sen embargo unha gran carácterística que diferencia a cultura do noso pobo coa cultura do resto de españa é que non houbo case presencia musulmana nos séculos de Al-Andalus isto nótase enormemente por exemplo se comparamos a nosa arquitectura ou toponimía coa de Granada Córdoba ou mesmo a da meseta.
Estas culturas son en definitiva o pai e a nai de a cultura galega actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario