sábado, 18 de mayo de 2013

Memoria histórica.

   A primeria vez que oín "Memoria histórica" debiu de ser no 2004 ou 2005, se mal non recordo, xa que o que si lembro é que fora durante os inicios do goberno de Rodríguez Zapatero, eu cuns 9 ou 10 anos a verdade é que oir na TV e á miña familia esa palabra resultábame un tanto estrana xa que únicamente vía na pantalla imaxes en blanco e negro ou videos actuáis de operarios cavando grandes fosas.
   Sen embargo hoxe en día, xa dende fai algún tempo, podo dicir que entendo ben o conepcto de memoria histórica e a súa importancia tanto no presente, no pasado ou no futuro. A memoria histórica resulta crucial e  importantísima para lembrar quen somos e a nosa identidade mais parece que algúns "por certas razóns" impiden e intentan que isto non se leve a cabo. Pero é neceserio que se realice, é necesario que se escriben libros, que se graben filmes e documentáis, que existan paxinas como nomes e voces, é dicir que tanto as familias coma todo o mundo poidan saber que foi destas personas, as cales morreron simplemente por ser do bando perdedor (se ben tamén débese facer o mesmo cos caídos nacionáis), por verse involucrados nun conflicto que non desexaban.
    Segundo a paxina  nomes e voces unhas 12253 persoas foron procesadas ou asasinadas únicamente en Galicia, polo tanto aqui temos 12253 compontentes da Memoria histórica do conflico en Galicia, as historias das miñas anteriores entradas serven parar demostrar que moitas veces estos procesados non era únicamente xente de ideas contrarias políticos ou militares republicanos senón que eran todas aquelas personas que se interpoñan no camino de aqueles que tiñan o poder. Por tanto considero que a lei de Memoria histórica resulta importantísima e clave, e non podo comprender a aqueles que cargan contra esa lei acusándoa de "alterar a historia establecendo como pacifistas ó Fronte Popular o que acusan de iniciar a Guerra e de numeroso crimes" mais todos sabemos como foi a historia e quen iniciou a guerra, non obstante esta lei non debería responder únicamente a causas políticas, o máis importante de todo, o crucial é o carácter humano, xa que non é ético e humano ter fosas e fosas vestixio de atrocidades cometidas durante a guerra tanto por un bando ou outro (evidentemente máis polos golpistas causantes da guerra e vencedores da mesma) xa que eran persoas que hoxe en día teñen unha descendencia a cal gustarialle saber que foi do seu avó ou tio-avó e por suposto ofrecerlle un enterro digno.
    En definitiva, con máis ou menos oposicíón e parando a súa actividade polo actual goberno, hoxe a Ley de Memoria Histórica segue vixente e grazas a ela miles de familias coñecen a historia e tamén cúmprese o outro obxectivo, recuperar pequenos fragmentos do pasado pequenas  e humildes historias que serven para que nós puidamos entender o conflicto quénes morreon, o porqué da súa morta e quén os matou. Froito disto temos unha serie de traballos os cales mostrarei a continuación.

Un dos primeiros do cal gustaríame falar é dun exemplar que teño na casa "Maestros de la républica" este libro regaleillo o meu avó fai dous anos e trata de dez historias distintas de maestros represaliados durante a posguerra, meu avó sempre falaba moi ben deses maestros "os mellores que houbo en españa" grandes profesores que tiveron que exliliarse ou ben foron fusilados, eran fillos da gran política educativa que houbo durante a II República que durante o franquismo deu lugar a unha conservadora e catolizada educación. Grazas á ley de Memoria Histórica podemos recuperar algunahs destas historias.



Outro sería este volumen de Paul Preston "El holocauso español" que recolle a historia da Guerra dende o punto de vista das 200.000 victimas da contienda.



Dous libros que sen dúbida non serían posible sen a Lei de Memoria histórica e por suposto sen o interés de moitas persoas por descubrir a verdade e coñecer a historia de todos os caídos. Tamén podémonos atopar con marabillosos documentáis, a continuación expoño uns cantos que me chamaron a atención e é unha sorte poder e que haia xente interesada en facer estos traballos.



Este tremendo montaxe visual: http://www.enredandopalabras.es/swf/Dibujando_la_memoria.htm

Un video-homenaxe para os outros represaliados do réxime, que en vez de ser encarcelados ou fusilados eran obrigadas a traballar nas obras en concicíons inhumnas como esclavos.


Finalmente esta película ambientada na Guerra Civil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario