jueves, 16 de mayo de 2013

Campo de Concentración en Galicia.

Recapacitando sobre a memoria histórica en Galicia víñanme algunhas ideas á cachola, algunhas non malas, mais a intención de ser máis persoal como Manolo pidérame fixome seguir e seguir cavilando ata que finálmente atopei o que buscaba, víñome á mente un recordo, unha pequena parte do rastro da posguerra na zona retida na mente do meu avó Jose Mª.
Istos sucesos sitúanse no ano 2006, por aquel entón eu cada verán pasaba as vacacións en Cedeira, unha pequena e encantadora  vila pesqueira a medio camiño entre Pantín e Ortigueira (a continuación xeolocalizoa) para os que nunca tivérades a gran ocasión de visítala recoméndoa abertamente, non só a vila senón o mundo rural e aldeíñas que a rodean.



Ver mapa más grande

Ben, eu tiña 11 anos, recordo aquel verán como especialmente caloroso, e como o resto de rapaces pasaba o verán na praia, xogando nas pistas cos compañeiros de Cedeira ou coa miña familia. Agarimosamente lémbrome de xogar na Praza Roxa (Sagrado Corazón) cos meus amigos. E aquí nesta praza comeza a historia.



Ver mapa más grande
Un día, meu avó preguntoume se sabía a razón e o motivo de o porqué da denominación de "roxa" que tiña a praza, eu respondinlle que non que o desconocía completamente, inocente de min díxenlle que podería ser polo color vermello de parte da súa superficie. Tras rirse un pouco él contoume que durante a posguerra franquista toda a praza era un areal e que debaixo dela descansan os restos de centos de fusilados, a maioría asturiáns que eran traídos a un campo de concentración que había na zona nunha vella fábrica de conservas.
Neses anos a min campo de concentración soábame máis a nazis ca outra cousa mais grazas as historias do meu avó coñecía o básico sobre a guerra civil española para poder interpretar esa historia.
Meu avó aproveitou para contarme unha historia que lle relatara o seu irmán facía uns meses e que ocurrera durante a posguerra en Cedeira. Como dixen antes nese tempo a maioría dos represaliados en cedeira eran asturianos anarquistas, republicanos ou obreiros da minería e da industría apresados na toma nacional do norte.O asunto comeza unha fría noite de inverno, pola rúa principal de Cedeira oíase o incundible motor diesel duns camións que atrevasaban o pobo levando a unha veintena de prisioneiros. Moita xente corría a cortina da súa ventá para mirar, con coidado de non encender nin unha vela polo medo ao toque de queda e ás represalías, outros nin tan sequera se atrevían a mirar. Todos sabían que traía e a onde se dirixían.
Sen embargo, ese día un dos presos foi capaz de fuxir no momento en que ao baixalos do camión un dos gardas distraeuse buscando o seu chisqueiro desesperadamente.

Ese home, un represaliado asturián, correu todo o que puido pola vila, sen rumbo xa que non a coñecía, correu pola praia da magdalena adiante ata chegar ao que hoxe chámase San Isidro xa nos arrabaldes.
Desesperadamente petou nunha casiña apartada coa esperanza de recibir axuda, "pum,pum abran por favor, abran", non obtivo resposta. Continuou o seu camiño, esta vez monte arriba mais engachou o tobillo nunha raíz e quedou tirado no chán co nocello posiblemente roto.

Aquel home viuse na perdición, cunha temperatura tan fría, e coa garda civil tras él por unha cousa ou outra acabaría inevitablemente morto, chorou e lamentouse, víanlle á cabeza os recordos da súa familia, da súa muller "que sería deles en Asturias, como estarían". Mais cando todo parecía estar perdido e comezaba a entrar en hipotermia un vello comezou a abofetearlle a cara "ei rapaz, ei rapaz, estás ben".
O día seguinte, despertouse nunha casa, tapado e co nocello vendado, un home estaba agardando por él ofreceulle o almorzo, presentouse como Ramón (Avó do dono do actual bar Ramón de Cedeira), falaron un pouco mais Ramón díxolle que dáballe igual porque o trouxeran os nacionáis, que a él non lle interesaba a política mais sí protexer a vida da xente e non permitir as inxustizas.

Tras varios meses no cal o rapaz recuperouse e sobreviviu a varios rexitros da casa e do bar pola garda civil aos cales Ramón soupo saír de forma asombrosa no mes de Abril xa recuperado decidiu marchar para Asturias, nese tempo fixera unha gran amistade con Ramón, e graizas a varios contactos deste consegui saír de Galicia e chegar á súa terra onde díse que consegui reencontrase coa súa familia e vivir baixo outra identidade.
Finalemente, meu avó díxome que él xa conocía a  historia dende facía unha pila de anos, mais había uns meses chegáralle unha noticia. O neto de Ramón, tamén co mesmo nome, rexenta un bar en Cedeira, o "Bar Ramón". Nunha visita do meu tio-avó, que era moi interesado nestas historias, o dono contoulle que recentemente fora a unhas vacacións a Asturias coa súa familia. Aloxáronse nun hoteliño pequeno e  moi encatador , un día falando co dono " si somos de Galica tal de Cedeira" a este cambioulle a cara e contoulles esta mesma historia de que a seu pai salváranlle a vida nesa vila. A resposta foi inmediata ambos intercambiaron as súas historias, as coincidencias eran moitas, e finalmente o dono baixoulles unha pila de correspondencia que o seu pai e Ramón mantivera. Non había dúbida, as historias coincidían.
Tras isto as dúas familias comeron no restaurante do hotel en honor a aqueles homes e por supusto os descentes de Ramón, tras a insistencia do dono, tiveron estancia e comida de balde.

Meu avó non puido evitar emocionarse ao acabar de contala historia que por increible que pareza calquera pode coñecela, so ten que ir a Cedeira e preguntar polo Bar Ramón.

Por desgraza non todo o mundo puido correr a mesma sorte e deixo este video de homenaxe ás victimas



No hay comentarios:

Publicar un comentario