jueves, 16 de mayo de 2013

Represión.

   Despois de recuperar a historia de Ramón como memoria histórica, quixen ober algunha historia propia do meu avó José Mª Fernández Sande, natural de Loira (concello de Valdoviño) unha pequena aldéíña que para que os dedes conta sitúase moi preto do embalse de As Forcadas. A continuación xeolocalizoa e móstrovos a casa onde naceu e viviu os seus anos mozos.







Ver mapa más grande
Corría o ano 1942 e meu avó tiña uns 18 anos, coma min agora, mais vivían unha situación moi distinta da que en comparación disfruto eu agora, a forte posguerra asoaba Galicia cunha forte represión e a implantación do toque de queda. No caso de Loira non se pasaba moita fame xa que alí tiñan terras para poder cultivar e mesmo os da cidade viñan mendigar ou mercar algo de comida.
Coa miña idade meu avó tivo que facer fronte a unha cuestión que se lle plantexou impensable para un mozo de 18 anos hoxe en día, a decisión de ir a Divisón Azul ou non. A xente que iba a esta división, coma no caso do meu avó, non era por ter ideas franquistas ou de apoio aos nazis, verdadeiramente pouco coñecían xa que pouca información lles chegaba á aldea; o que sí sabían era que por ir pagaban unha cantidade boa de cartos que neses tempos de miseria viñan moi ben. Mais un vello do lugar, ao cal meu avó lle estivo agradecido o resto da súa vida, impediulle ir e posiblemente o salvou dunha morte segura.

Ben, algúns anos máis tarde tivo lugar outro episodio, o cal puido converter o meu avó nunha victima máis dos "paseos" pero a casualidade ou a sorte non o quixeron. Todo sucedeu unha noite de baile, a xente da zona reuiniase para celebrar as festas patronáis nun local onde bailaban e disfrutaban un pouco.
Nun momento da festa, meu avó estaba a bailar coa súa prima e nese momento entraron dous guardias civís no local, "que é todo isto?, non saben que non se pode celebrar nada?" , un deles chamado Jacinto Benito acercouse a meu avó, posiblemente para quedar ben diante da rapaza, encarouse con el e díxolle con moita chulería se se estaban a rir del e a rirse de ""Don Francisco Franco Caudillo de España"" meu avó coa valentía ou mais ben a inconsciencia que temos os novos contestoulle de malas maneiras, o guardia respondeu cunha bofetada, e así unha tras outra, meu avó constetoulle "¡por qué me pega usted!" colleuno do pescozo e sacouno do local monte arriba, todos os alí presentes sabían o que iba acontecer e cal iba a ser o final de Jose mª,  a súa prima saiu correndo a chamar a uns familiares que eran xente con mais ou menos certa influencia, estes correron canto puideron e conseguiron parar ao Guardia Civil.

Meu avó nunca perdoou este acontecemento, e mesmo se lle preguntas di que Jacinto Benito é "o maior fillo da puta que coñeceu na súa vida" e durante anos incluso despóis de morrer Franco encontrouse con esta persóa moitas veces, mesmo os compañeiros de correos intentáronno convencer para que lle escribise unha carta cando este xa estaba retirado e mesmo coñeceu ao seu fillo.

Polo tanto aquí temos dous episodios diferentes que pudieron camibar a vida do meu avó mais a sorte e o azar conseguiron que no fora así, e resulta un exemplo de como os gardas civís aproveitaban a súa autoridade na época para "eliminar" a quen lles dera a gana nos "paseos", só tiñan que dicirlle a excusa aos superiores que o "paseado" resistirase á autoridade e intentara fuxir. Aquí deixovos unha foto do meu avó unha década máis tarde do suceso mais aínda coa ameaza da morte gravada na retina.




No hay comentarios:

Publicar un comentario